Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SSS 452/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 452/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Operador Logístico Logia, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Na Coruña o dezanove de febreiro de dous mil vinte e un.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2, tras ver o presente procedemento sobre seguridade social 452/2019 a instancia de Gaspar Suárez Rodríguez, que comparece representado por Javier Blancco Casais, contra Fremap Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 61, representada pola letrada Laura Moreira Chaves; Operador Logístico Logia, S.L., que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, e o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), que comparece representado pola letrada Ana Pardo Costas

En nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido que debo estimar e estimo a demanda sobre determinación de continxencia interposta por Gaspar Suárez Rodríguez fronte a Mutua Fremap, INSS e Operador Logístico Logia, S.L. e, en consecuencia, declaro que a IPT recoñecida á parte demandante deriva de accidente de traballo e condeno as demandadas a avirse á devandita declaración, dentro das súas respectivas responsabilidades, coas consecuencia legais inherentes, debendo considerarse en canto á prestación correlativa a data de efectos do 17.10.2018 e a base de 1517,59 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase ao recorrente que sexa entidade xestora e fose condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico que, ao anunciar o recurso, deberá achegar certificación acreditativa de que comeza o seu aboamento e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que fose condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de determinación por esta do seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Operador Logístico Logia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza