Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21065

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 386/2020).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 386/2020 deste xulgado do social, contra as empresas Pronored, S.L.U, Comfica Soluciones Integrales, S.A., Enercom Noroeste, S.L. e con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2021.

Miguel Ferreiro Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número DSP 386/2020, en que foron parte, dun lado, como demandante, Luís Bermejo Masero, con DNI 11943507K, representado e asistido polo letrado Sr. Ballines García, e como demandado, Pronored, S.L.U., que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, e con intervención do Fogasa, que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Luís Bermejo Masero fronte a Pronored, S.L.U., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante verificado o 26.2.2020.

2. Declaro extinguida a relación laboral con data de efectos desta sentenza.

3. Condeno a parte demandada a aboar á demandante unha indemnización por despedimento de 19.668 euros, e salarios de tramitación polo tempo transcorrido desde o despedimento ata a extinción por importe de 23.765,5 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Pronored, S.L.U, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza