Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 612/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 612/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Federico Agraso, Delfín Álvarez Valledor, Alberto Ramas Ramas, José Tubío Pérez, José Antonio Tuñas Cives, Jorge Juan Plata Mayo, Fátima Rolán Dosantos, Antonio Mayán Pérez, Rubén Sanadres Pensado, Ana Armental Sampedro, José Antonio Mayo Antelo, Manuel Vicente Losada Muñiz e Walter Antonio Brea Castro contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U.; Ambuibérica, S.L., Ambulancias Casablanca TSNUX UTE e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 24 de marzo de 2021, contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de 5 días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza