Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 13 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para o trámite de notificación por comparecencia da proposta de resolución, posta de manifesto do procedemento e prazo para formular alegacións (expediente L-3/20).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase a persoa mencionada no anexo para o trámite de notificación por comparecencia da proposta de resolución, posta de manifesto do procedemento e prazo para formular alegacións no expediente sancionador en materia de xogo L-3/20, debido a que non foi posible realizarlle a notificación persoalmente xa que foi devolta polo servizo de Correos.

En aplicación do establecido no artigo 46 da citada Lei 39/2015, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha sucinta indicación do contido do acto, do prazo e do lugar onde o interesado poderá comparecer para o coñecemento do contido íntegro do dito acto e constancia de tal coñecemento.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 13 de abril de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente sancionador en materia de xogo: L-3/20.

Interesado: X2657372K.

Último enderezo coñecido: rúa Arcadio Pardiñas, 151, 27880 Burela (Lugo).

Acto notificado: proposta de resolución, posta de manifesto do expediente e prazo para formular alegacións.

Tipificación e precepto infrinxido: infracción leve, artigo 30.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Data do acto: 15.2.2021.

Lugar de comparecencia: Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, na rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Prazo para a comparecencia: dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.