Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO de orde de xestión da biomasa.

Manuel Ángel Otero Legide, alcalde do Concello de Mondoñedo (Lugo), no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expoño:

Descoñecido o enderezo para os efectos de notificacións dos interesados no expediente e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente comunícase que, o día 29 de marzo de 2021 ditouse orde de xestión da biomasa das parcelas con referencia catastral 3393014 PJ3039 S0001 IJ e 27030 B501001500000 KS, situadas no termo municipal de Mondoñedo.

Os titulares das ditas parcelas deberán rozalas e limpalas de conformidade co diposto no artigo 21.1.b) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Esta orde de xestión deberá executarse no prazo máximo de 10 días contados desde a publicación do presente anuncio.

De non levar a puro e debido efecto o cumprimento da orde de xestión, o concello procederá á súa execución subsidiaria á conta do infractor.

Mondoñedo, 8 de abril de 2021

Manuel Ángel Otero Legide
Alcalde