Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Neda

ANUNCIO de requirimento para a xestión da biomasa.

Acordo da Xunta de Goberno Local do día 15 de xullo de 2019.

Ao non poder realizar as notificacións persoais nos procedementos que se identifican máis adiante, mediante a presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPAC- procédese á súa práctica por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

O acto refírese ao incumprimento das obrigas de xestión da biomasa, limpeza de predios e a retirada das especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido nos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e artigos 333 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da anterior.

De non atenderse este requirimento en prazo de quince días naturais, contados desde a publicación deste anuncio, a Administración acudirá á execución subsidiaria dos traballos, repercutindo, finalmente, os custos as persoas que resulten obrigadas.

Os expedientes atópanse á disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Neda, avenida de Alxeciras, nº 34.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpor un recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local deste Concello no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación, ou ben poden interpor directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dou meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol.

Referencia catastral

Situación

Superficie afectada pola execución subsidiaria (m²)

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa (€)

Persoa responsable

Data de constatación do incumprimento

15056A011001130000HU

Salgueiras

1.369

232,73

Herdeiros de Ramona Anca Sedes

11.10.2017

15056A011001140000HH

Mourela

473

80,41

Descoñecido

11.10.2017

15056A005003600000HT

Mourela Baixa, 96

243

41,31

Antonio López S S

13.9.2017

15056A001006400000HG

O Vilar

800

136,00

Enrique Sande S S

11.7.2019

15056A027013180000HU

Beque Vila de Anca

1.534

260,78

Descoñecido

1.4.2019

15056A027013170000HZ

Fraguela Vila de Anca

211

35,87

Flora Rodríguez Salgado

1.4.2019

15056A006002770000HR

Santa María

1.260

214,20

Juan Rodríguez Martínez

3.7.2019

15056A006003070000HR

Ribeira Santa María

426

72,42

Teresa S P S S

3.7.2019

Neda, 10 de febreiro de 2021

Ángel Alvariño Saavedra
Alcalde