Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 41/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 41/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio López Otero contra Turmens Logística Urgente, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o cinco de abril de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza 223/20, do 19.11.2020, ditada no procedemento ordinario 798/17 a favor da parte executante, Sergio López Otero, fronte a Turmens Logística Urgente, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 7.115,20 euros en concepto de principal (5.522,08 euros en concepto de salarios e vacacións, 1.545,20 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 5.004,42 euros, 47,92 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizadores que comportan 517,66 euros), máis outros 711,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o cinco de abril de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Turmens Logística Urgente, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Sergio López Otero e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens e, do seu resultado, acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza