Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 415/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no DSP 415/2019 deste xulgado se ditou a Sentenza con data do 30/.3.2021 contra a que se poderá interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lucxu World, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza