Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-00745-O-2020 e un máis.

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00745-O-2020 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 24 de febreiro de 2021

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00745-O-2020

8435-KBL

34628731T

Exceso de peso superior ao 5 %.

3.9.2020; 11.07; A-52; 202,0

Art. 142.2 da LOTT

Art. 143.1.c) da LOTT

301 euros

OU-00848-O-2020

7564-HFJ

35638175C

Exceso de peso superior ao 5 %.

13.10.2020; 17.51; A-52; 247,0

Art. 142.2 da LOTT

Art. 143.1.c) da LOTT

301 euros