Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior e conservación artística (Peprica) no artigo 86 da normativa, no plano O.2 da delimitación dos ámbitos do Museo Provincial e nas fichas 3.45.01-3.46.01-3.47.02 e 3.47.03 do conxunto dese museo (expediente 2021AAE2529).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 9 de abril de 2021, sobre a modificación puntual do Peprica no artigo 86 da normativa, no plano O.2 da delimitación dos ámbitos do Museo Provincial e das fichas 3.45.01-3.46.01-3.47.02 e 3.47.03 do conxunto do Museo Provincial, na praza da Leña e nas rúas Pasantería, Padre Sarmiento, Juan Novás Guillán, Laranxo e Pai Luis Mª Fernández, no concello de Pontevedra.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 2386/2021.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático