Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 22 de abril de 2021 Páx. 20439

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO de divorcio (41/2017).

Eu, Mariana Concepción Fernández Caamaño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, polo presente fago saber que María Fe López Juiz, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, ditou sentenza o 29 de decembro de 2020 nos autos de xuízo número 41/2017 promovidos por Lucía González Domínguez, representada pola procuradora dos tribunais Ana Belén García Quintáns e asistida pola letrada María José Escurís Reinoso, contra Fernando Jiménez Peláez, en situación de rebeldía procesual.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación ante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte a aquel en que se notifique esta resolución, de conformidade co disposto nos artigos 458 e seguintes da LAC.

E de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC polo presente notifícase a Fernando Jiménez Peláez, en paradoiro descoñecido e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 1 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza