Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 22 de abril de 2021 Páx. 20438

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña

EDICTO (1033/2019).

Eu, Lourdes Villegas Castrillo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, fago saber que neste xulgado e co número 1033/2019-AL se seguen autos de xuízo verbal entre as partes que logo se dirán nos cales se ditou sentenza, cuxo encabezamento é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña o once de marzo de dous mil vinte e un.

Visto por min, José Manuel Pérez-Maside, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, os presentes autos de xuízo verbal co número indicado, sobre reclamación de cantidade, en que foi parte demandante Santiago Andaluz Corujo, representado pola procuradora Carolina Moreno Vázquez e asistido por si mesmo na súa condición de letrado, e como parte demandada Óscar Liñares Calviño, en ausencia procesual, ditouse a presente con base nos seguintes».

E para que conste e sirva como notificación de sentenza ao demandado Óscar Liñares Calviño, por medio do presente edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, fáiselle saber que ten á súa disposición neste xulgado unha copia da sentenza e que contra ela non cabe recurso, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza