Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20331

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2021 de incoación de expediente de requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas aos titulares descoñecidos ou aos cales foi imposible realizar a notificación.

Tendo coñecemento neste concello de que as parcelas con referencia catastrais 32075A024001750000EQ, 32075A024001760000EP, 32075A024001950000ES, sitas no lugar da Rasa e Rado, parroquia de Grixoa (Santa María), teñen arboredo que incumpre a vixente normativa en materia de prevención de incendios,

E dado que non se dá cumprimento ao disposto no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, e as súas posteriores modificacións, no referente á obriga das persoas responsables de xestionar a biomasa vexetal cos criterios recollidos na lei e en canto á existencia de especies arbóreas non permitidas na faixa de protección,

En vista das competencias que me outorga a lexislación de aplicación,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar o oportuno expediente por imposibilidade de notificación a Angelina Campos, titular da parcela con referencia catastral 32075A024001750000EQ; a Manuel López, titular da parcela con referencia catastral 32075A024001760000EP, e ao titular da parcela 32075A024001950000ES, en investigación segundo o artigo 47 da Lei 33/2002, segundo a información recadada para o efecto, que no prazo de quince días, desde que se notifique o contido desta resolución, deberán proceder a xestionar a biomasa da parcela na franxa de 50 metros perimetrais ás edificacións máis próximas. Así mesmo, deberá retirar todas aquelas especies das recollidas na DA III da citada lei (piñeiro, eucalipto, mimosa…) que se atopen neses 50 metros.

Segundo. Publicar o presente anuncio por imposibilidade da notificación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cuxo prazo se iniciará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Terceiro. En caso contrario, e segundo o disposto no artigo 53.bis engadido pola Lei 7/2012, de montes de Galicia, na súa modificación da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais, logo dos trámites oportunos, procederase por parte deste concello á imposición de multas coercitivas reiterables e, de ser o caso, á execución subisidiaria, cuxos custos serán repercutidos aos infractores. Sen prexuízo, todo isto, da remisión do expediente á Consellería do Medio Rural para a apertura do correspondente expediente sancionador.

Cuarto. Comunicarlles aos titulares que dispoñen dun prazo de 10 días desde o recibo da presente resolución para alegar por escrito o que consideren pertinente en relación co asunto.

San Amaro, 24 de marzo de 2021

El alcalde
P.D. (Resolución 16.7.2019, referencia núm. 0108/2019)
Carlos Paz González
Concelleiro de Medio Ambiente, Política Forestal e Cultura