Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (380/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 380/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Casal Suárez contra Trigocar 4X4, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decido:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Jesús Manuel Casal Suárez contra empresa Trigocar 4X4, S.L. e o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Trigocar 4X4, S.L. a aboar á demandante a cantidade de catro mil setenta e seis euros con corenta e seis céntimos de euro (4.076,46 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, mentres celebraba audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trigocar 4X4, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza