Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (90/2021).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 90/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Gómez Toral contra Amtel Cantábrico, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 24 de marzo de 2021:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por José Antonio Gómez Toral fronte á empresa Amtel Cantábrico, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Amtel Cantábrico, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil setecentos oitenta euros con corenta e un céntimos de euro (1.780,41 euros), os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E, Pita Lloverés, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A presente sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Amtel Cantábrico, S.L. expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza