Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20219

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 16 de abril de 2021 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C).

A Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C) determina no seu artigo 2 que ás axudas que se establecen no seu articulado se destina un orzamento total de 10.636.364 euros, coa seguinte desagregación:

Aplicación orzamentaria

Código proxecto

Ano 2021

Ano 2022

Total

2021.13.02.312B.470.2

2020-00052

6.000.000 €

3.818.182 €

9.818.182 €

2021.13.02.312B.481.3

2015-00477

500.000 €

318.182 €

818.182 €

Total

6.500.000 €

4.136.364 €

10.636.364 €

A devandita orde establece, no seu artigo 2.2, que o crédito consignado na aplicación 2020.13.02.312B.470.2 poderá ser obxecto de ampliación, tal e como se establece no artigo 7.un.s) da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Dada a insuficiencia de crédito da Orde do 30 de decembro de 2020 debido ao aumento do número de solicitudes e do número de nenos/as segundos irmáns e sucesivos/as beneficiarios/as da gratuidade da atención educativa e da matrícula é necesario incrementar a aplicación orzamentaria 13.02.312B.470.2 en 3.500.000 euros para o ano 2021 e 2.250.000 euros para a anualidade 2022 para atender todas as solicitudes presentadas e, posto que existe crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 13.02.312B.480.12 que cumpre os requisitos establecidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, parece oportuno realizar o dito incremento.

Con este incremento preténdese dar cumprimento a un dos obxectivos do Programa de apoio á natalidade posto en marcha pola Xunta de Galicia, que é facilitar á cidadanía o acceso a recursos de educación infantil de calidade, dado que constitúen un piar esencial para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C). O importe total do dito incremento, que se realizará na aplicación orzamentaria 2021.13.02.312B.470.2, é o seguinte.

Código proxecto

Ano 2021

Ano 2022

Total

2020-00052

3.500.000

2.250.000

5.750.000 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social