Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 5 de abril de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 30/2021, fronte á Resolución do 17 de agosto de 2020 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 166, do 18 de agosto).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficio do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 30/2021, fronte á Resolución do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG núm. 166, do 18 de agosto).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública