Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 6 de abril de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 312/2020 fronte á Orde da Consellería de Facenda, do 22 de novembro de 2019, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 28 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 312/2020, fronte a Orde da Consellería de Facenda, do 22 de novembro de 2019, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 227, do 28 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte a o da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública