Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 31 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varias persoas interesadas a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Alto da Croa (expediente IN661A 2007/06).

Mediante a Resolución do 16 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, modificouse a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Alto da Croa, sito no Concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U. (IN661A 2007/06).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os herdeiros de José Quintáns Rodríguez, os herdeiros de Estrella López Trillo e a Herminda Suárez Paz para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, andar 4º, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais