Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 18 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2017/4165-2 e dezasete máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 18 de marzo de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2017/4165-2

Carlos Gutiérrez Amoros

Resolución de insostibilidade

PR204A2020/3093-2

Xoán Moreno Losada

Desistencia da solicitude

PR204A2020/3854-2

Miguel Alexandres Gonzalves Jurado

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/100-2

Jorge Manuel Rego Moureira

Recoñecemento do dereito

PR204A2020/102-2

Kayma Salud

Denegatoria do dereito

PR204A2021/120-2

Comunidade Propietarios Otero Pedraio núm. 47-49

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/138-2

Miguel Alejandro Ochoa Aguedo

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/166-2

Francisco Javier Díaz Soto

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/198-2

Pablo Vázquez Díaz

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/199-2

Jaime Rico Rivas

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/261-2

Francisco Galán Fandiño

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/374-2

Juana Cobas Castro

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/375-2

Juana Cobas Castro

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/388-2

Luis Gil Torres

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/484-2

Adolfo Castañera Risco

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/465-2

César José Lodos Vaquero

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/493-2

Gabriel Vega Marichica

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/501-2

Rosilene Maria da Silva

Recoñecemento do dereito