Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 18 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2021/574-2 e doce máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 18 de marzo de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A2021/574-2

Sara Veiga Ferreiro

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/574-2

Jesús Rodríguez Veiga

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/577-2

Isis Jorda Álvarez

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/582-2

Óscar Luis Prado Pérez

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/589-2

María Carmen López Lazare

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/644-2

Ángel José Duarte

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/645-2

Ángel Romay Corredoira

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/665-2

Comunidade Propietarios Ramón Ferreiro nº 22-24-26

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/707-2

Inmobiliaria Alugein

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/763-2

Suministros Alsera

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/799-2

Adrián Salgueiro Fojón

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/805-2

Noelia Pardeiro Fompedriña

Recoñecemento do dereito

PR204A2021/1095-2

Enxebre Buján Calviño

Recoñecemento do dereito