Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 27/2020).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 27/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Touza Alarcón contra o Fondo de Garantía Salarial, Impormarcar Europe, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza

Na Coruña o 23 de marzo de 2021.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, os presentes autos número 27/2021, sobre despedimento, seguidos por instancia de Iván Touza Alarcón, representado e asistido polo graduado social Sr. Carballo Jardón, contra Impormarcar, S.L. e o Fogasa.

Resolución

Estímase a demanda interposta por Iván Touza Alarcón contra Impormarcar, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 19 de novembro de 2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 79,82 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 878,07 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina

A letrada da Administración de xustiza