Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT GON805, CT Nandín II, no concello de Nigrán, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 24 de marzo de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/054-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT GON805, CT Nandín II.
Concello: Nigrán.
Predio |
Ref. catastral |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
1 |
54035A050002050000HE |
Lodeiros |
Descoñecido |
6.5.2021 |
12.00 |
2 |
54035A050002060000HS |
Lodeiros |
Descoñecido |
6.5.2021 |
12.00 |
3 |
54035A059001600000HU |
A Rúa |
Descoñecido |
6.5.2021 |
12.00 |