Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da concesión de explotación Oportuna número 4086-1.2.1, no concello de Carballeda de Valdeorras.

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e artigo 37, punto 1, e o Decreto 975/2009, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, e da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería en Galicia, artigo 23.4, sométese a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración relativo á solicitude de prórroga da concesión de explotación da sección C Oportuna número 4086-1.2.1, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido pola empresa Explotaciones Mineras Gallegas, S.L.

O proxecto pódese consultar, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º) ou no portal de transparencia da Xunta de Galicia (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras) durante o prazo de 30 días a partir do día seguinte á publicación de este anuncio.

Ourense, 26 de febreiro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Pontevedra