Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 29 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-LU-51.1/2020.

O 4 de marzo de 2021, o secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG nº 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso de alzada RAI-LU-51.1/2020, interposto por Inverólica de Abella, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Ines Caldeiro Díaz, como parte interesada, a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante, á elección do demandante, o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña aquel o seu domicilio ou se encontre a sede do órgano que ditase a disposición ou o acto orixinario impugnado; todo isto, de acordo co establecido nos artigos 8.2.b) e 14.1, regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan presentar calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación