Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de aclaración (PO 284/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de seguridade social 284/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Osorio Méndez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, CRE Auditores Consultores de Eficiencia Energética, S.L. e Mutua Gallega sobre Seguridad Social, se ditou o Auto do 10 de marzo de 2021 cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva.

Procede aclarar:

O feito primeiro, onde se incluirá: “Posteriormente presentouse escrito para optar pola reclamación de diferenzas de subsidio de incapacidade temporal”.

Suprimir do último parágrafo da sentenza: “e 5.557,90 euros que aboará principalmente a empresa demandada e con responsabilidade subsidiaria da Mutua como anticipo do pagamento e do INSS en caso de insolvencia da Mutua” e engadir “sen prexuízo do dereito de repetición fronte á empresa e da responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da Mutua”.

Suprimir na resolución o segundo punto e engadirlle ao primeiro “e sen prexuízo do dereito de repetición fronte á empresa e da responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da Mutua”.

Notifíqueselles esta resolución ás partes comparecidas e fágaselles saber que é firme e que fronte a ela non cabe ningún recurso de conformidade co preceptuado no artigo 215.4 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Así o pronuncio, mando e asino por este meu auto. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a CRE Auditores Consultores de Eficiencia Energética, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 16 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza