Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 31/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre execución de títulos xudiciais 31/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Hernan Jaramillo Taborda contra Orquesta La Nueva Phila, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza, Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o dezaseis de marzo de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución de Sentenza número 2/21 con data do 12.1.2021 ditada no procedemento ordinario 698/18, a favor da parte executante, Carlos Hernan Jaramillo Taborda, fronte a Orquesta La Nueva Phila, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 3.028,31 euros en concepto de principal (2.342,30 euros en concepto de salarios, 686,01 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 302,83 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se pode interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza»

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o dezaseis de marzo de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Orquesta La Nueva Phila, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Carlos Hernan Jaramillo Taborda e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Orquesta La Nueva Phila, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza