Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal e retirada de árbores.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sinala no artigo 135.3 que «Os propietarios de terreos conservarán e manterán o solo natural e, de ser o caso, a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios, impedindo a contaminación da terra, do aire e da auga, e demais condicións que se determinen na lexislación vixente». Neste sentido, dispón o seu artigo 136.1.a) que «Os concellos, de oficio ou por instancia de calquera solicitado, mediante o correspondente expediente e logo de audiencia dos solicitados, pronunciarán ordes de execución que obriguen os propietarios de bens inmobles a: a) Realizar as actuacións necesarias para dar debido cumprimento aos deberes sinalados no artigo anterior».

Pola súa banda, o artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (en diante LPIFG), establece a obriga das persoas responsables (artigo 21.ter) de xestionaren a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros no caso de redes de faixas secundarias. Neste sentido, a disposición adicional terceira da LPIFG determina as especies obxecto de limitación para os efectos de xestión de biomasa vexetal e ordenación das repoboacións forestais.

O artigo 22.3 da LPDIFG, así como o punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especias arbóreas, sinalan que «cando non puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Instruídos os correspondentes procedementos de acordo co previsto na normativa aplicable, non foi posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan na táboa por causas non imputables a esta Administración. En consecuencia, por medio deste anuncio comunícaselles a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas (sinaladas na disposición adicional terceira da LPIFG) para o cal son requiridas, e concédeselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo para que leven a cabo as actuacións necesarias para cumprir as súas obrigas.

Expediente

Ref. catastral

Propietario/a

XB4/2020

6851806NJ7156N0001TE

15077A040002500000UU

Hdos. Josefa Piñón López

San Sadurniño, 18 de marzo de 2021

Secundino García Casal
Alcalde