Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18394

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

XESGALICIA SGEIC, S.A.U.

ANUNCIO de alleamento mediante poxa pública.

Ás 14.00 horas do día 10 de maio de 2021 terá lugar no salón de actos da sede situada na rúa Ourense, 6, 15701 Santiago de Compostela, perante a mesa composta por Nathalia Martins, María Posada e Susana Vázquez, a poxa pública dos seguintes bens inmobles propiedade de Xesgalicia, S.G.E.I.C., S.A.U., cuxo alleamento foi acordado polo Consello de Administración o 29 de marzo de 2021.

Lotes (*)

Prezo mínimo de licitación (sen IVE)

Lote 1:

Edificio industrial e anexo terminado situado na rúa Galega, s/n, de Viana do Bolo, Ourense, con núcleo postal Bembibre (Santo André).

50.705,29 €

Lote 2:

Predio rústico. Lugar de Rañal, Oseiro, Arteixo, polígono 1, parcela 15.

84.272,05 €

Lote 3:

Conxunto de varios predios rústicos. Lugar Mandiá, polígono 501, parcelas 3327-3369-3517 e 3528.

131.253,62 €

Lote 4:

Conxunto de varios predios rústicos. Cruce Padrón, A Coruña, polígono 503, parcela 12, 21, 36, 44, 45 y 50.

102.029,13 €

Lote 5:

Baixo local comercial na r/ travesía da Eiriña, nº 16, planta PB, Pontevedra.

235.376,90 €

(*) As bases que rexen a presente poxa (no anexo II) ofrecen información complementaria relativa á composición e natureza dos activos que compoñen os lotes.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 5 % do importe de saída do/dos lote/s, en concepto de fianza, mediante aval ou ingreso en metálico, que deberá ser efectuado con anterioridade á solicitude do lote. As ofertas deberán ser presentadas, segundo o exposto nas bases que rexen a presente poxa, antes das 14.00 horas do día 5 de maio de 2021.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

As bases que rexen a presente poxa están á disposición dos interesados na sede social de Xesgalicia, S.G.E.I.C., S.A.U., rúa Ourense, nº 6, 15701 (Santiago de Compostela), así como na páxina web: http://www.xesgalicia.gal.

Teléfono de información: 981 54 16 21.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2021

Rubén Aguión Seoane
Director xeral de Xesgalicia, S.G.E.I.C., S.A.U.