Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 24 de marzo de 2021 de notificación de exclusión definitiva de listas de selección temporal.

Para que lle sirva de notificación a Carmen María Mota Fraga, ao non ter sido posible practicar esta no último domicilio coñecido da interesada e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 4 de xaneiro de 2021, se acordou a exclusión definitiva das listas de selección temporal na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

O texto íntegro do acordo de incoación, así como a documentación que figura no expediente, encóntranse á disposición da interesada nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A interesada disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para formular sobre o contido do acordo de iniciación as alegacións que considere convenientes.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos