Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18116

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2417/2020-CON).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 2417/2020-CON

Xulgado de orixe/autos: SSS seguridade social 396/2019. Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2417/2020-CON desta sala, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Izar Construcciones Navales Sael, Navantia, S.A., Mutua Asepeyo, Guillermo Vila Feal, Establecimientos Otero, S.A., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Sentenza do 14 de novembro de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, en autos 396/2019, revogamos a sentenza impugnada e, con desestimación da demanda, absolvemos os demandados de todos os pedimentos contidos nela.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Establecimientos Otero, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza