Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 18053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de notificación individualizada, por medio de publicación, aos propietarios afectados que non foi posible localizar en domicilios coñecidos ou por non constar domicilio coñecido en España.

Expediente: 1028/2020.

Notificación individualizada aos propietarios afectados.

Procedemento: expropiacións forzosas.

Data de iniciación: 17.7.2020.

Logo de intentar dúas veces a notificación persoal aos interesados que se indican a seguir, nos seus domicilios coñecidos, en tres dos catro casos, e non constando domicilio coñecido en España, para o último caso, mediante a presente notifícaselle o Acordo do Pleno do 28.1.2021, a través de publicación no DOG, co fin de poder considerar cumprido o tramite e continuar o procedemento:

6. Expediente 1028/2020. Expropiacións forzosas. Aprobación de proxecto de mellora do comportamento hidráulico do río Broi en Viladesuso. Declaración de utilidade pública para expropiación das parcelas referidas no expediente.

... quenda de intervencións ...

Sometido o asunto a votación, o Concello en Pleno, por unanimidade dos asistentes, 10 votos, adopta o seguinte acordo:

Primeiro. Considerar necesaria a realización da obra de mellora do comportamento hidráulico do río Broi en Viladesuso, Oia, fase 2, redactado por Augas de Galicia, e aprobar o proxecto referido, considerando implícita a declaración de utilidade pública das obras nel previstas para os efectos da expropiación dos terreos afectados, de conformidade cos artigos 94 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local e 10 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Segundo. Aprobar a relación concreta, individualizada e valorada dos bens que se van ocupar necesariamente para a execución da obra, tal e como figura ao final deste documento.

(...)

Para os efectos da emenda de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá comparecer e alegar cantos antecedentes ou referencias considere pertinentes.

Relación de predios e propietarios aos cales non foi posible notificar persoalmente, ben por rexeitamento ou domicilio incorrecto, ou ben por non constar domicilio coñecido en España.

Ref. catastral

Polígono/parcela

Titular catastral

Superficie que se expropia

Situación

Valor para efectos de expropiación

Actuación prevista*

Rústico

Núcleo

36036A011004880000QX

11/488

Laureana Fernández Carrevedo

27,23

27,23

436,73

1

36036A011004910000QX

11/491

Fernando Álvarez Losada

21,03

21,03

49,91

1

36036A011004670000QW

11/467

Agustín Pulido Rodríguez

30,61

30,61

490,85

4

36036A011004680000QA

11/468

Joaquina Salcidos Martínez

57,57

57,57

923,55

5

* Actuacións previstas:

1. Protección do leito na marxe esquerda do río, mediante a construción dun noiro de protección de dique.

A protección está formada por dous mantos, un manto principal de dique de 5 t de peso cun espesor de 1.25 metros cun manto secundario ou filtro drenante debaixo, composto por dique de 250 a 500 kg.

(...)

4. Derribo e construción de muro da marxe dereita.

O actual muro existente na marxe dereita retírase para construír un novo muro recuado, que terá unha inclinación 1/3 (cuasi vertical) e estará cimentado polo menos 1 metro sobre o leito do río para evitar socavamentos debidos á acción da auga. De atopar rocha, a base de apoio do muro deberá executarse con contrainclinación, para asegurar un soporte estable fronte a corrementos da estrutura que soporta.

Os últimos 20.0 metros do muro, é dicir, do p.q. 0+130.00 ao 0+150.00, o noiro do muro vai descendendo de 3/10 a 1.5/1.0 para adaptarse á seguinte actuación.

5. Reforzo da marxe dereita do río.

A protección está formada, igual que a que se realiza entre os p.q. 0+000 e 0+080, por dous mantos: un manto principal de dique de 5 t de peso cun espesor de 1.25 metros, debaixo do que se coloca un manto secundario ou filtro drenante composto por dique de 250-500 kg. Poderase aproveitar o dique existente no río.

Esta protección de leito ten unha cimentación ou banqueta de pé de 2.5 metros de profundidade, é dicir, do ancho da capa do manto principal. No caso de atopar substrato rochoso e non poder executar a banqueta de pé da protección, realizarase unha banqueta de dique formigonada para asegurar a non erosión do pé.

Da mesma forma que no caso da actuación 01, prevese reutilizar parte do dique existente no río.

Entre o p.q. +180.00 e o p.q. 0+194.23 é necesario realizar unha transición de reforzo de noiro 1.5/1 a remate coa ponte actual cun muro como o da actuación 01, que pasa dun noiro 1.5/1.0 aumentando de pendente ata que se atopa co estribo da ponte. A lonxitude de transición é de 14.23 metros.

O reforzo desta marxe dereita do leito remata contra a ponte, polo que será necesario retirar o muro de bloques de granito existente na actualidade. Os bloques retirados poderán ser utilizados para a realización doutros muros.

O que se comunica para o seu coñecemento e efectos, de conformidade co artigo 18 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, en relación co 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, advertindo que se trata dun acto de trámite e, como tal, non procede a interposición de recursos contra el.

No entanto, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interporse recurso potestativo de reposición que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Oia, 16 de marzo de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa