Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 732/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 732/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Norat Estévez contra Fundación Educación e Deporte de Santiago e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

– Citar as partes para que comparezan o día 7.7.2021, ás 10.25 horas, na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 7.7.2021, ás 10.30 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio dos Xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda. Advírtese igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Respecto ás peticións solicitadas para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a ou representado/a de avogado/a ou graduado social, para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

– Dada a capacidade das salas vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no artigo 20 do Real decreto lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, e acordo gobernativo do 20.5.2020 co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade, recoméndase aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos de que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Fundación Educación e Deporte de Santiago (Fedesa), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza