Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17996

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 13/2021).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de ETX 13/2021 deste xulgado se ditou decreto de data 11 de marzo de 2021 contra o cal se poderá interpor recurso de revisión no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza