Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 87/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante dilixencia de ordenación ditada o día 25 de marzo de 2021 no procedemento de reclamación por despedimento número 87/2021 se acordou citar a Trap, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 7 de abril de 2021, ás 11.20 horas, para o acto de conciliación e, de ser o caso, ás 11.30 horas para o acto de xuízo, na planta baixa, sala 3, no edificio da rúa Berlín. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

A copia da demanda está ao dispor da parte na oficina xudicial, así como os autos para a súa consulta.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentencia, ou cando se trate de emprazamento.

Para que lle sirva de citación a Trap, S.A., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza