Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 89/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 89/2021 deste Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, seguido por instancia de José Antonio Otero Noya contra Tralusa, Castromil, S.A., Empresa Freire, UTE Bus Urbano de Lugo e Trapsa, se ditaron as seguintes resolucións con data do 25 de marzo de 2021 (dilixencia de ordenación e cédula de citación) pola que se citan de comparecencia as partes para o próximo día 7 de abril de 2021, ás 11.55 horas, na sala 3 do edificio da rúa Berlín, para o acto de xuízo.

Fáiselle saber que a demanda e os demais documentos quedan á súa disposición na secretaria deste xulgado.

Ao estar Trapsa en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de citación en legal forma.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza