Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 10 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2021/16-1).

Expediente: IN407A 2021/16-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT LAR707, apoio 52-C-20.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Retensado de liña eléctrica de media tensión aérea LAR707, a 15 kV, cunha lonxitude de 248 m, coa orixe en apoio existente, tipo HV-13/400 da LMT LAR707 (expediente 19.726), condutor tipo LA-56 mm2 Al (existente), e final no apoio proxectado tipo C-14/2000 da LMT para intercalar na LMT LAR707 (expediente 19.726).

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, de 217 m, coa orixe no paso aéreo a subterráneo para realizar proxectado tipo C-14/2000 da LMT para intercalar na LMT LAR707 (expediente 19.726), condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV 1×240 mm² Al e final en cela de liña existente no CS Augas Chamín (15CFSD).

Desmantelamento de tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea-aérea LAR707, 140 m, en condutor tipo LA-56 e 58 m, en condutor RHV-240; a lonxitude total do tramo para retirar é de 198 metros.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

-Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no Concello de Arteixo. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 10 de marzo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2021/16-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT LAR707, apoio 52-C-20.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio número: 1.

Lugar: Ponte.

Cultivo: prado.

Propietario: Jesús López Méndez.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio núm. 52-C-20.

– m2: 10.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume soterrada en metros lineais: 3.

– Superficie de servidume soterrada en m2: 9.