Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17981

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña

EDICTO (567/2020).

Eu, Carmen Carballo Ramos, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña, fago saber que neste xulgado e co número 567/2020 se seguen autos de xuízo verbal de desafiuzamento en precario, entre as partes que logo se dirán, nos cales se ditou sentenza cuxo encabezamento é do teor literal seguinte:

Sentenza:

Xuíza que a dita: Ana Barral Picado.

Lugar: A Coruña.

Data: dezaoito de xaneiro de dous mil vinte e un.

Despois de ver os autos correspondentes ao xuízo verbal de desafiuzamento por precario promovido por Caixabank, S.A., representada pola procuradora M. Jesús Gómez Molins baixo a dirección letrada de M. Jesús Herrero Gómez, contra ignorados ocupantes C. Pedroso, nº 13, p. PB, A, 15007 A Coruña, en rebeldía procesual, en nome do rei dita a presente sobre a base dos seguintes:

E para que conste e lles sirva de notificación de sentenza a ignorados ocupantes, CL. Pedroso, nº 13, p. PB, A Coruña, que queda á súa disposición neste xulgado, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación da sentenza, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza