Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17982

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (391/2020).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A. fronte a Dolores Veiga Carballal ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

Sentenza 114/2020

Xuízo verbal 391/2020

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Abanca Corporación Bancaria, S.A.

Procuradora: María Jesús Gómez Molins

Avogada: Mercé Boloix Mascarell

Demandada: Dolores Veiga Carballal

Sentenza

En Ferrol o 26 de outubro de 2020.

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de xuízo verbal número 391/2020, seguidos ante este xulgado, en que son partes, como demandante a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada pola procuradora María Jesús Gómez Molins e asistida da letrada Mercé Boloix Mascarell, e como demandada Dolores Veiga Carballal, en situación procesual de rebeldía, sobre acción de resolución de contrato de préstamo e indemnización de danos e perdas, como acción principal, e sobre acción de reclamación de cantidades debidas en virtude de contrato de préstamo, como acción subsidiaria, procédese, en nome do rei, a ditar a presente sentenza.

Resolución:

Estímase integramente a acción exercida con carácter principal pola procuradora Sra. Gómez Molins, en representación da entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., contra Dolores Veiga Carballal, en situación procesual de rebeldía, declárase a resolución do contrato de préstamo subscrito o 25 de outubro de 2017 e condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade total de 1.940,54 euros, cantidade que se verá incrementada cos xuros previstos no artigo 1.108 do Código civil desde a data de presentación da demanda (21.5.2020) ata a desta sentenza, devindicándose a partir desta data os xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento, e con imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que, de acordo coa reforma introducida no artigo 455 da Lei de axuizamento civil pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, ao non superar a contía do procedemento os 3.000 euros, non cabe interpoñer contra ela recurso de apelación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada»

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só poderá levarse a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que este conteña e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando proceda.

Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

E encontrándose a devandita demandada Dolores Veiga Carballal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Ferrol, 26 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza