Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17840

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de auto (RSU 3944/2019).

RSU recurso suplicación 3944/2019.

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 3944/2019 -CBO-.

Xulgado de orixe/autos: PO procedemento ordinario 637/2016 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Helder Artur Teixeira Pinto.

Avogado: Alfredo Briales Porcioles.

Recorridos: Canteras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., representante legal Jorge Gabriel Philippon de Arriba en representación de Belypa Construcciones, S.L., Generali España de Seguros y Reaseguros, Maximino Fernández Vázquez, Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Miner Granisa, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. e Jorge Gabriel Phillippon de Arriba.

Avogados: Ismael Gomez Solla, Vanesa Rodríguez Fernández, Carlos Domingo Fontán Domínguez, Patricia Saborido Frojan, Vanesa Rodríguez Fernández, Fidel Díez Udias, Jorge Gabriel Philippon de Arriba.

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación número 3944/2019 seguido nesta sala por instancia de Helder Artur Teixeira Pinto contra Canteras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., representante legal Jorge Gabriel Philippon de Arriba en representación de Belypa Construcciones, S.L., Generali España de Seguros y Reaseguros, Maximino Fernández Vázquez, Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Miner Granisa, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. y Jorge Gabriel Phillippon de Arriba sobre outros dereitos de Seguridade Social; a Sala do Social do Tribunal Supremo, o 16 de febreiro do presente ano, pronunciou auto resolvendo o recurso de casación para unificación de doutrina nº 8/1887/2020, cuxa parte dispositiva é do seguinte tenor literal:

«A Sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Alfredo Briales de Porcioles, en nome e representación de Helder Artur Teixeira Pinto contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 3 de xuño de 2020, no recurso de suplicación número 3944/2019, interposto por Helder Artur Teixeira Pinto contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, do 25 de marzo de 2019, no procedemento número 637/2016 seguido por instancia de Helder Artur Teixeira Pinto contra Granitos de Atios, S.A., Miner Granisa, S.A., Canteras Oya, S.L., representante legal Jorge Gabriel Philippon de Arriba en representación de Belypa Construcciones, S.L., Generali España de Seguros y Reaseguros, Axa Seguros e Inversiones, Maximino Fernández Vázquez, Rocas Graníticas Gallegas, S.A. e Jorge Gabriel Philippon de Arriba sobre reclamación de indemnización por danos e perdas derivados de enfermidade profesional.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Belypa Construcciones, S.L. e Rocas Graníticas Gallegas, S.A. actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza