Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 17 de marzo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 56/2021 fronte á Resolución do conselleiro de Facenda e Administración Pública, con data do 2 de febreiro de 2021, pola que se desestima o recurso de alzada fronte á Resolución do 20 de novembro de 2020 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canles e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Primeira) polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 56/2021, fronte á resolución do conselleiro de Facenda e Administración Pública con data do 2 de febreiro de 2021 pola que se desestima recurso de alzada fronte á Resolución do 20 de novembro de 2020 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canles e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala de lo Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública