Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 57, do 25 de marzo de 2021, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, procede efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 16465, na epígrafe un do parágrafo cuarto, onde di: «– Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Ourense (avenida de La Habana, 79-5º, Ourense. Teléfono 988 68 73 26)», debe dicir: «– Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Ourense (praza Eduardo Barreiro, 12, baixo, Ourense. Teléfono 988 68 73 26)».
Na páxina 16465, no parágrafo quinto, onde di: «Así mesmo, poderá consultarse o documento a través da seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Territorio_e_urbanismo_Planeamento_urbanistico?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html.», debe dicir: «Así mesmo, poderá consultarse o documento a través da seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Territorio_e_urbanismo_Planeamento_urbanistico?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html»