Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se realiza a publicidade da resolución pola que se autoriza a ampliación do perímetro de aproveitamento de recursos da sección a) Piedras Alvarellos, número 165, no termo municipal de Cabana de Bergantiños, A Coruña.

A Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 4 de febreiro de 2021 a resolución de autorización de ampliación do perímetro de aproveitamento de recursos cos datos que seguen:

Solicitante: Miguel Ángel Alvarellos Eiroa.

Explotación: Piedras Alvarellos, núm. 165.

Sección: A.

Recurso: gneises alcalinos.

Superficie ampliación: 1.488 m².

Localización: Cabana de Bergantiños, A Coruña.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

A Coruña, 25 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña