Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Cunca, situado no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2019/02).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Green Capital Power, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Cunca.

Concellos afectados: Vila de Cruces (Pontevedra).

Potencia que se instala: 22,5 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 5.

Produción neta anual estimada: 65.910 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 20.989.150,73 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

P1

559.875,08

4.738.975,00

P2

559.875,08

4.735.286,49

P3

565.875,08

4.737.286,00

P4

565.875,08

4.738.975,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

561.027,00

4.736.534,00

2

561.498,00

4.736.326,00

3

561.584,00

4.737.188,00

4

563.123,00

4.736.802,00

5

563.842,00

4.737.858,00

Coordenadas da subestación:

Subestación

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

SUB

563.600,00

4.737.535,00

Coordenadas da torre de medición:

Torre de medición

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

TM

562.293,00

4.737.528,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 5 aeroxeradores tipo Siemens Gamesa SG145 ou similar de ata 4,5 MW de potencia nominal unitaria, 127,5 m de altura de buxeiro e 145 m de diámetro de rotor.

– 5 centros de transformación con relación 0,69/30 kV e potencia de 5.350 kVA, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

– Rede de media tensión soterrada, dotada de tres circuítos con cables RHZ1-2OL H16CU 18/30 kV AL en distintas seccións de 95, 150 e 240 mm2, de interconexión entre os centros de transformación e a subestación transformadora. Pola mesma canalización prevese a instalación de cablaxe de terra de Cu dun mínimo de 50 mm2 e rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica e que se empregará para a monitorización e control do parque eólico.

– Subestación transformadora 132/30 kV, formada basicamente polos seguintes elementos e equipos:

Nivel de 132 kV (intemperie): unha posición de liña-transformador, cos seguintes elementos: un xogo de tres pararraios autoválvulas de protección de liña; un xogo de transformadores de tensión capacitivos; un seccionador con coitelas de posta a terra; un xogo de tres transformadores de intensidade para medida e protección; un interruptor trifásico de mando unipolar en SF6; un xogo de tres pararraios autoválvulas de protección de transformador e un transformador de potencia 132/30 kV T-1 de 25/30 MVA (ONAN/ONAF).

Nivel de 30 kV (interior): un embarrado de media tensión, formado polos seguintes elementos: unha cela de protección de transformador de potencia, lado 30 kV; posición de medida de tensión en barras; tres celas de liña de 30 kV para os embarrados de media tensión; unha cela de servizos auxiliares e unha cela de batería de condensadores.

Nivel de 30 kV (intemperie): un xogo de tres pararraios autoválvulas de protección; illadores soporte; embarrado con tubo de cobre; unha reactancia de posta a terra de 500 A/10 s e un seccionador de protección da reactancia.

– 1 torre meteorolóxica de ata 127,5 m de altura.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e pola demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello de Vila de Cruces (praza Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra).

Pontevedra, 24 de marzo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra