Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA ALB804-CT 32A049 Muimenta, no concello de Carballeda de Avia (expediente IN407A 2020/61-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF A63222533.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA ALB804-CT 32A049 Muimenta.

Situación: concello de Carballeda de Avia (Ourense).

Características técnicas: as características técnicas básicas das instalacións proxectadas, que teñen un orzamento de 11.286,66 euros, son as seguintes:

– Reforma da ALB804 con substitución por deterioración do apoio nº 129-41-3-CT, tipo HV-11/10000-CR1 por apoio de celosía metálico tipo C-14/2000-H35, con retensamento dos vans afectados en condutor tipo LA-30. Substitución do CT-Muimenta 32A049, en intemperie sobre o citado apoio proxectado, cunha potencia aparente de 100 kVA e RT 20.000/400-230 V, e illamento en aceite mineral.

A petición someteuse a información pública pola Resolución do 11 de decembro de 2020 desta xefatura territorial, que foi publicada no DOG do 11 de xaneiro de 2021, no BOP de Ourense do 9 de xaneiro de 2021, e no xornal La Región do 22 de decembro de 2020, así como no taboleiro de anuncios do concello afectado, e nesta xefatura territorial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización das instalacións de enerxía eléctrica. De igual xeito, realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados, con publicación tamén na plataforma TEU do BOE do 29 de xaneiro de 2021 e DOG do 26 de xaneiro de 2021 do Anuncio do 20 de decembro de 2020 desta xefatura territorial, por notificación infrutuosa ao titular da parcela nº 1 da relación de bens e de dereitos afectados.

Dentro do prazo establecido para iso non se presentaron alegacións contrarias á realización do proxecto.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial, resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. As instalacións executaranse en prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e nas horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública antes citada.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 8 de marzo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense