Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17394

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade da encomenda do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións para a adxudicación e execución do contrato de servizo de redacción do documento para tramitación urbanística, anteproxecto, proxecto básico, de execución, de expropiación por taxación conxunta, dirección facultativa da obra e control de vixilancia do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 17 de marzo de 2021, do conselleiro de Sanidade, pola que se lle encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a adxudicación e execución do contrato de servizo de redacción do documento para tramitación urbanística, anteproxecto, proxecto básico, de execución, de expropiación por taxación conxunta, dirección facultativa da obra e control de vixilancia do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

– Actividade: a Axencia Galega de Infraestruturas asumirá a execución da xestión das actuacións para a adxudicación e execución do contrato de servizo de redacción do documento para tramitación urbanística, anteproxecto, proxecto básico, de execución, de expropiación por taxación conxunta, dirección facultativa da obra e control de vixilancia do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga ten natureza de encomenda intersubxectiva a medio propio, segundo o disposto no artigo 13.1 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e nos artigos 9 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Financiamento: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa.

– Prazo de vixencia: a eficacia da encomenda para a xestión das actuacións para a execución do contrato de servizo estenderase desde o día seguinte ao da súa sinatura ata a data de finalización do prazo de garantía daquel.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade