Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2020-63 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. Velle. Ourense.

Denominación: modificado 1 del proyecto para LMT, CT e RBT sustitución centro de transformación Vilaverde 27C427 (Quiroga).

Situación: concello de Quiroga.

Declaración responsable: si.

Características técnicas principais:

– Centro de transformación en edificio prefabricado compacto de manobra exterior con envolvente de formigón, cunha potencia de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña (unha de reserva) e unha de protección, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Liña de media tensión subterránea a 20 kV, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se executará no apoio D18 existente de celosía metálica correspondente á liña SEQ806 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 22 metros en condutor RHZ1-240 mm.

– Demolición do centro de transformación actual denominado CT Vilaverde, de tipo caseta de obra civil.

Finalidade da instalación: recuamento de instalacións.

Orzamento: 44.682,88 euros.

Documentación complementaria:

– Separata para o Concello de Quiroga.

– Separata para CHMS.

– Separata para a Dirección Xeral de Patrimonio.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da Consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberanse axustar na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e deberá realizar a dirección de obra un/unha técnico/a competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberanse cumprir en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, e achegar no seu momento a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 8 de marzo de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo