Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17161

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 22 de marzo de 2021 pola que se nomea vogal do Xurado de Expropiación de Galicia.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón no seu artigo 11.1, que o Xurado de Expropiación de Galicia é un órgano colexiado permanente da Comunidade Autónoma de Galicia especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a Administración expropiante sexa a Comunidade Autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial. O dito precepto establece, entre outros aspectos, as funcións deste xurado, que foron desenvolvidas mediante o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e polo Regulamento de organización e réxime de funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, aprobado polo Decreto 172/2018, do 20 de decembro.

O artigo 7.1.c) do Decreto 172/2018, do 20 de decembro, establece, respecto da composición do Xurado, que entre os vogais figura unha persoa funcionaria pertencente ao corpo ou escala do grupo A, subgrupo A1, da Xunta de Galicia, con competencia en materia de valoracións, nomeada por orde da consellería de adscrición, por proposta da consellería competente en materia de facenda.

Este mesmo artigo establece que as persoas titulares das vogalías previstas nas alíneas c), d), e) e f) serán substituídas nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade polos suplentes designados no momento do seu nomeamento.

Pola súa banda, o artigo 11 do referido decreto establece que as persoas titulares das vogalías previstas nas alíneas c), d), e) e f) do artigo 7.1 poderán ser substituídas por proposta das administracións, entidades, organizacións e asociacións que as propuxesen, e as persoas así nomeadas permanecerán no seu cargo, como máximo, polo tempo que lle falte á substituída para o cumprimento do mandato.

En virtude da Orde do 9 de xullo de 2018 (DOG núm. 153, do 10 de agosto), pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia, realizouse o nomeamento dos vogais, titular e suplente, en representación da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

A Consellería de Facenda e Administración Pública achegou a proposta de nomeamento dun novo vogal suplente representante desa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a persoa que se relaciona no anexo como vogal suplente do Xurado de Expropiación de Galicia, polo tempo que resta de mandato do vogal a que substitúe.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Vogal do Xurado de Expropiación de Galicia segundo o disposto no artigo 7.1.c) do Decreto 172/2018, do 20 de decembro.

1. En representación da Consellería de Facenda e Administración Pública:

– Suplente: Jorge Fernández Fernández.