Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de marzo de 2021 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada no procedemento sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou unha resolución no procedemento administrativo sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG). Logo de intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), ou tamén nas do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no citado taboleiro de edictos único.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá formular un recurso de alzada ante a Presidencia da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia:

093/19 Pontevedra (SA/CIM/20/00025)

Interesado:

José Ruí Rosa Maia

Precepto infrinxido:

Artigo 61.1.b) da LEG