Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de marzo de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dunha senda na PO-548 (puntos quilométricos 2+970-3+200) e continuidade nunha vía municipal, de clave PO/19/072.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes:

Por resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas de 8 de marzo de 2021 aprobouse provisionalmente o contido do documento para información pública do proxecto de construción dunha senda na PO-548 (p.q. 2+970-3+200) e continuidade nunha vía municipal, de clave PO/19/072.06.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

O obxecto do proxecto é a execución dunha nova senda peonil na PO-548, no concello de Valga que, permita dar continuidade á xa existente e habilitar un espazo seguro para viandantes, así como a reordenación da intersección existente no punto quilométrico (p.q.) 3+910 para impedir a realización de movementos que provocan situacións de risco.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto á información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. María Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra), e na Casa do Concello de Valga (avenida da Coruña, 14, 36645 Valga, Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Senda na PO-548 (p.q. 2+970-3+200) e continuidade nunha vía municipal

Clave: PO/19/072.06

Concello de Valga.

Ref. catastral

Titular

DNI

Situación básica do solo

Sup. parcela

Sup. exprop.

Bens afectados

001

360056A043005260000AZ

Zona Arosa, S.L.

B36443299

Rural

822

112,15

37,50 m2 muro de bloque/25 ml malla simple

002

360056A043006700000AP

Becerra Campaña, Amparo

***3836**

Rural

472

162,61

003

360056A043005470000AK

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

----

Rural

836

163,17

004

360056A043006690000AT

Becerra Campaña, Amparo

Rial Ferro, José Ramón (Hros. de)

***3836**

***4111**

Rural

190

17,44

005

360056A043005460000AO

Bandín García, Ramón Demetrio

Pardal Gil, Felicidad Victoria (Hros. de)

***3532**

***5809**

Rural

286

29,20

006

360056A043005440000AF

Montes Vec. Man Común PQ. Cordeiro

V36116770

Rural

252

43,49

007

360056A043005430000AT

San Marco Castromán, Baldomero (Hros. de)

***3848**

Rural

271

56,66

008

360056A043005420000AL

Sobrino Castromán, Enrique

***0822**

Rural

509

97,96

009

360056A043005410000AP

Castromán Castiñeiras, Dolores

----

Rural

526

115,36

010

360056A042004690000AT

Montes Vec. Man Común PQ. Cordeiro

V36116770

Rural

7.766

4,43

011

360056A042004700000AP

Concello de Valga

P36005600J

Rural

7.870

330,44

012

360056A043006920000AH

Montes Vec. Man Común PQ. Cordeiro

V36116770

Rural

2.178

349,43

013

360056A043005400000AQ

Seares Seares, Raimundo

-----

Rural

Urbanizado

3.115

534,07

4,45

014

360056A043005390000AL

Arcebispado de Santiago de Compostela

R1500020A

Urbanizado

Rural

5.532

518,86

14,33

015

360056A043006680000AL

Bandín García, Manuela

***3916**

Rural

139

138,39

016

360056A043005340000AB

Taibo Tojo, Hipólito

***3532**

Urbanizado

Rural

904

154,90

84,19

017

360056A043005280000AH

Arcebispado de Santiago de Compostela

R1500020A

Rural

8.192

1.023,85

018

360056A042002040000AA

Becerra Campaña, Amparo

***3836**

Rural

991

7,76

019

360056A042001680000AU

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

-----

Rural

4.212

503,69

020

360056A039000050000AS

Ferro Pardal, María Esther

***1340**

Rural

3.518

86,79

103,50 m2 muro bloque/69 ml malla simple